O alcalde de Mazaricos pensa que a liña desenvolvida pola CMAT “é un exemplo de traballo” e que a Costa da Morte debe perseverar nunha “estratexia conxunta” de promoción turística.
Entende que pode haber distintas asociacións pero advierte que “é moi perigoso” cando “cada un quere o seu nicho de mando”.Juan Blanco está satisfeito co avance de Mazaricos neste eido:”Éramos un tramo de paso, e agora somos un referente no Camiño Xacobeo”.
Entrevista alcalde de Mazaricos a partir do minuto 64
Traballo invisible de promoción turística
E iso que, aclara, “temos moito máis que ofrecer que o Camiño de Santiago”. Valora moi positivamente as iniciativas hostaleiras que se puxeron en marcha no concello de Mazaricos nos últimos anos, e recalca que tamén hai “un traballo invisible” que non se percibe nos medios:”Funciona máis que un alcalde teña reunións con setenta turoperadores co feito de facer unha foto no stand de Turgalicia en Fitur” afirma Blanco.
Mellora do alumeado, licitación do SAF e reparación de camiños
Un balance tamén satisfactorio o que fai da xestión do seu goberno. Pensa que se chegou “vintecinco anos tarde” pero os avances son notables. Citou o apoio ao sector gandeiro, e melloras en abastecementos ou saneamentos que continúan.
Ou o cambio de todas das 2.300 luminarias do concello, que permitirán un aforro dun 60% e conseguir “un concello máis moderno e respectuoso co medio ambiente”.
Tamén se agarda un forte investimento na mellora dos camiños rurais e pistas municipais. E en breve sairá a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, que servirá para mellorar a atención social no concello.