11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Xosé Abelenda:”Queren facer de Grixoa de Esternande unha reserva india”

Os veciños de Grixoa de Esternande presentarán, con toda probabilidade, alegacións ao proxecto eólico “O Cerqueiral” que afecta aos concellos de Coristanco, Cabana e Santa Comba.

Entrevista a Xosé Abelenda desde o minuto 28

De feito,xa valoran a creación dunha plataforma e xa manteñen contactos cós afectados por proxectos eólicos de Castriz, Coristanco e Carballo.

“De que nos sirve un parque eólico se non gañamos nada. Hai unha agresión grandísima. Grixoa de Esternande quedaría totalmente rodeada. Queren facer de nós unha reserva india” manifestou o portavoz da entidade, Xosé Abelenda, en declaracións a Radio Xallas.

“Xa sufrimos as consecuencias do parque eólico de Fontesilva” sinalou Abelenda, que puxo como exemplo que no segundo semestre de 2019, a empresa facturou 2.274.000 millóns de euros, quedando de canon para os veciños uns 62.000 euros.

Desde Grixoa lamentan que estes parques eólicos “non crean postos de emprego” e sitúan aos veciños como “vítimas dunhas empresas que non da opción”.Alertan do “enorme” impacto visual e acústico que podería producir o proxecto de “O Cerqueiral”.

“ A idea á facer unha plataforma contra este parque eólico” indica Abelenda.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos