12.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Juan Blanco:”Para un alcalde rural pelexar con estas grandes empresas non é fácil”

Unha cousa é cooperar e outra ben distinta asoballar. “Non estamos en contra das enerxías renovables nin que veñan as eólicas pero si de que abusen de nós”, afirma Juan Blanco, alcalde de Mazaricos.

Contencioso administrativo contra Eurus Desarrollos Eólicos

O concello leva entre 20 e 30.000 euros gastados na defensa xurídica dos veciños e ultima un contencioso administrativo contra a empresa Eurus Desarrollos Eólicos, “que utiliza unha liña de asoballar, abrumadora e prepotente”.

“Eles estipulan o prezo” dí Blanco que a pesar de todos os viraventos que hai en Mazaricos “non temos nin un só convenio de colaboración con eles”. Non hai compromiso social.”Colaborar coas asociacións non é contratar unha orquestra, senón ser parte activa na sociedade” puntualiza.

Entrevista alcalde de Mazaricos a partir do minuto 64

Desinformación dos proxectos eólicos

Nin existe “prioridade” de traballo para a xente do pobo nas súas instalacións. Por riba, o rexedor sostén que “o valor das casas onde hai eólicos é menor, senón que os poñan en Madrid” e recrimina a “desinformación” que envolve estes proxectos.

“É amoral negociar de forma individual para dividir aos veciños. Hai que pensar no conxunto da aldea” manifesta un mandatario que recoñece que “para un alcalde rural pelexar con estas grandes empresas non é fácil”.

A única fronte aberta non é a de Ruña II. Green Capital Power proxecta instalar un parque en Eirón, Coiro e na localidade de Alvite, en Negreira. Juan Blanco está disposto a seguir axudando aos seus veciños.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos