A Picota volveu a recibir a centos de persoas que non quixeron perderse unha nova edición da Festa do Bolo do Pote, onde se repartiron máis de dúas mil racións, na degustación gratuita deste domingo.
Non faltou a animación musical e tamén a presenza dos Entruideiros de Arcos.Desde o propio concello o alcalde, Juan Blanco, non ocultaba a súa satisfacción xa que “pese ás malas prediccións meteorolóxicas volveuse encher a carpa”.Blanco Riveiro destacou o “traballo do asociacionismo e os hostaleiros que manteñen con vida e futuro esta celebración”.
Desde a asociación Amas de Casa-El Hórreo informaron que se coceran mil bolos “e practicamente rematamos as existencias”, poñendo en valor a recuperación dun prato tradicional “que estaba perdido” e o que aporta ao concello de Mazaricos.
O presidente da asociación de hostaleiros, Jorge Jurjo destacou a “boa nova que supuxo que, nesta edición se sumasen por primeira vez locais de fóra da Picota” e tamén o “alto número de reservas nos locais”.