10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

José Antonio Ucha discrepa do balance de David Barbeira:”O alcalde nin está nin se lle espera”

//Denuncia a perda de subvencións pola falta de conta xeral// Advirte que haberá consecuencias no tema do asesor//

Entrevista con Ucha a partir do minuto 86

O portavoz do Partido Socialista e primeiro tenente de alcalde xalleiro, José Antonio Ucha, fixo unha emenda á totalidade do balance que o seu socio de goberno e alcalde, David Barbeira, fixo recentemente en Radio Xallas, ao que acusou de “mentir sistemáticamente”.

Perda de subvencións pola falta de Conta Xeral

Ucha denunciou a situación de parálise existente:”Nas xuntas de goberno non se aproba absolutamente nada. Non se conceden licencias, nin se fan ordenanzas”.Pero ademais “estamos perdendo un lote de subvencions porque non se presentou a conta xeral”.

“Eu estiven de alcalde e nunca marchei pola porta de atrás”

Sobre as alusións de Barbeira á falta de autocrítica de Ucha, respondeu.”Son unha persoa excepcional. Levo 16 anos e sigo tan limpo como cando entrei e esixo os mesmos estandares. Aquí non se desvía nin un céntimo para cousa ningunha. Eu estiven de alcalde e nunca marchei pola porta de atrás”.

Orzamentos en Santa Comba

Tampouco entende como o mandatario anuncia que está traballando nuns orzamentos:”Non me consta aínda que formo parte do goberno. Non creo que sexa a mellor maneira enterarse pola prensa. Cun só concelleiro é difícil chegar a consensos” sinalou.

A polémica da chatarra

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada”, o portavoz do PSOE quixo aclarar con respecto á polémica da chatarra, que “nin mandamos levar a chatarra nin dixemos onde tiña que ir”. Restoulle credibilidade a David Barbeira ao que definiu como “temerario”.

Explicou que “apareceron tres albaráns porque íamos a denunciar a desaparición da chatarra na Garda Civil”. Pero dubidou que se cobren as cantidades pendentes xa que o concello non conta con autorización para “entregar chatarra”.

”Van a ter que pagar as consecuencias”

José Antonio Ucha Velo advertiu que “non se pode saltar o que diga o pleno” e con respecto ao asesor da alcaldía, haberá responsabilidades políticas e xurídicas, se non actún en consecuencia co mandato plenario:”Van a ter que pagar as consecuencias”.

Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía

Ucha falou da proposta de asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía e pediu “ser serios e actuar reflexivamente”, mantendo a súa postura de que as cotas non poden ser iguais porque “o beneficio non vai a ser o mesmo do que ten un kilómetros e medio co que ten trinta kilómetros”.

“Tal vez nos interese un camiño por Santa Comba” ou potenciar a ruta por Brandomil, reflexionou Ucha.

Alcaldía con data de caducidade

Lamentou a falta de xestións do alcalde no “reparto de rutas” cun “estaría de churrascada e punto”.Manifestou que os socialistas de Santa Comba “demos a nosa confianza por tempo limitado e tomaremos medidas. Non se están facendo as cousas como se debían de facer pero seguimos remando”.

Engadiu que, en principio, a alcaldía ten data de caducidade dentro de 16 meses. O que ten claro Ucha é que “hai un desencanto xeralizado. Estamos igual de insatisfeitos que cando estabamos na oposición”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos