11.7 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

A Xunta destina 28,7 millóns de euros para un novo treito da autovía da Costa da Morte

A conselleira de infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, explicou en Cabana de Bergantiños unha nova actuación relacionada coa autovía da Costa da Morte.

Serán seis kilómetros de traxecto máis desde Santa Irena(Salto-Vimianzo) ata o enlace coa estrada de Camariñas, na parroquia, tamén vimiancesa, de Calo. O investimento ascende a 28,7 millóns de euros.O proxecto xa se encontra en exposición pública. Estará ata o 7 de abril.

18 estruturas e conexión do Polígono de Vimianzo

Trátase dunha vía de dous carrís “preparada para a súa conversión en autovía cando os tráficos o indiquen”. A actuación contempla a construción de 18 estruturas, viadutos, e pasos superiores e inferiores.Este novo treito da vía de altas prestacións da Costa da Morte terá un enlace ao Polígono de Vimianzo.

No acto desenvolvido no centro de control da autovía en Nantón-Cabana, estiveron presentes tamén o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, as alcaldesas de Camariñas e Vimianzo, Sandra Insua e Mónica Rodríguez, o de Cabana, José Muíño, e os portavoces do PP en Camariñas e Vimianzo, Mauro Aufiero e Raquel Rodríguez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos