Escoita a entrevista con José Manuel Pose, de APIN, a partir do minuto 28 deste audio.
O portavoz de APIN, criticou as formas do alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, ao que definiu como un “César” que “pasou de ser un membro da oposición que pedía debate a non deixar falar nin discutir” nos plenos.
“Non ten rumbo, vai para onde lle interesa”
“Este señor loita para que os veciños saiban que as obras son feitas porque el quere, como unha prebenda que nos da aos habitantes do concello” recrimina José Manuel Pose Verdes.
Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, Pose denuncia que o rexedor socialista “agora que ten maioría absoluta está noutro mundo, non hai con quen falar”.
Aludiu a problemáticas como á baixada de impostos, a do Grupo de Emerxencias Supramuniciais(GES), ou as necesidades de saneamentos e alcantarillados nas parroquias:”Non ten rumbo, vai para onde lle interesa”.
Protagonismo total de Lois García Carballido
Segundo o concelleiro independente “non se fixo nada novo, estamos coas obras do remate da lexislatura”. Acusou a Carballido de ser “un especialista en manipular” e de aproveitarse do apoio de certos medios de comunicación, que non citou.
“Todas as obras que se fan son porque despois a xente ten que rendirlle pleitesía” engadiu José Manuel Pose, que comenta que todo o protagonismo do goberno recae no alcalde “ata para colocar unha bombilla”.
BNI Costa da Morte
Desde APIN agardan a resposta de Lois García Carballido pola súa participación no grupo BNI Costa da Morte (BNI Aco Dolmen) xa que “está chamando como alcalde a outras empresas e dicíndolle a quen teñen que comprar”.
Para Pose Verdes é “unha cousa sen xeito”, explicando que é o concello de Ponteceso o que paga a pertenza a esta asociación.”Todo o contrario da libre competencia das empresas” dixo.