Tal é como lembraba o rexedor carballés Evencio Ferrero, era algo que se viña advertindo. Agora a situación de Baldaio xa parece insostible, e como sinala Evencio Ferrero xa “se está colmatando a lagoa e, como se pode apreciar, non hai fluxo mareal, como acontecía nas últimas décadas, entre a entrada e a saída da auga do interior da lagoa”.
Iniciativa parlamentaria por Baldaio
Este luns 17 de febreiro, o deputado no Congreso, Néstor Rego, nunha visita institucional ao concello de Carballo, aproveitou para visitar a zona de Baldaio e departir con veciños e mariscadores.O peche da canle que comunicaba a lagoa co mar é algo preocupante.
O deputado do BNG comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para demandar unha solución a este respecto. Ademais fará xestións diante da Demarcación de Costas para coñecer as previsións ou plans que hai na administración.
Tamén se comprometeu a “facer forza” para que dentro dos orzamentos estatais se inclúan partidas para poder financiar os proxectos de mellora da rede de saneamento e de abastecemento da localidade de Baldaio.
Néstor Rego visitou a capital de Bergantiños un día despois de ser reelexido secretario xeral da U.P.G., organización que pertence ao BNG. Na visita a Baldaio tamén estiveron presentes membros do executivo como Xosé Regueira ou Lois Lamas.