6651 fans     1615 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Non haberá Camiño dos Faros 2020

 Non haberá Camiño dos Faros 2020

Costa da Morte | Publicada: 17/02/2020

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 32 segundos.

A asociación Camiño dos Faros decidiu non organizar unha nova edición do Camiño dos Faros. Compartimos, na súa totalidade, o comunicado divulgado pola asociación.

Reunida a directiva da Asociación Camiño dos Faros decidimos non facer a edición 2020 do Camiño dos Faros.

O noso obxectivo foi sempre deixar un camiño para o futuro da Costa da Morte. Poderiamos ter moitos beneficios persoais con este camiño, mais o obxectivo só era consolidalo. Cremos que o obxectivo está plenamente cumprido, o camiño consolídase en toda a Europa sendeirista e miles de camiñantes de todo o mundo acoden percorrer toda esta Costa da Morte.

O único que falta é que as administracións consideren que é unha ruta de sendeirismo para mellorar a súa sinalización e mantelo limpo todo o ano. Mais parece que esto é imposible. Non porque non sexa unha ruta de sendeirismo, que o é, senón porque o fixemos tan ben que creamos un recurso do que todos (de fóra da comarca) queren aproveitarse. A ninguén lle interesa que catro amigos sen subvencións creen un recurso 100% sostible e altamente responsable coa Costa da Morte. Non é un bo exemplo neste mundo no que, coa escusa do turismo, malgástanse millóns e millóns de euros.

O tempo que se está perdendo en dar unha base sólida a este espectacular recurso non voltará e outros destinos de sendeirismo en Europa están a posicionarse perfectamente mentres os membros da asociación levan 7 anos facendo de políticos. Mentres as administracións presentan os seus proxectos en Fitur uns aos outros, a Rota Vicentina de Portugal, por poñer un exemplo, percorre as mellores feiras de sendeirismo en Europa nestes meses de inverno.

Por iso, cansos e aburridos de loitar sen avanzar, decidimos non facer a edición 2020. Sentímolo pola xente que nos quere e agradecemos enormemente todo o traballo dos voluntarios durante este tempo, pero non seguiremos facendo o parvo unha e outra vez.

Dende a asociación centraremos os nosos esforzos en seguir traballando para que a ruta quede como está e sexa desnaturalizada/corrompida o menos posible. Seguiremos loitando, con ou sen homologación, con ou sen axuda das Administracións, coma fixemos sempre.

Tamén sabemos que, grazas ao gran traballo de base feito e que estamos no 2020, na era de Internet, redes sociais e Wikiloc, isto non o pode parar ninguén.

Nós non imos facer a edición, pero iso non significa que ti non poidas seguir sendo trasno e gozar desta rota que está aberta e cunha cara nova os 365 días do ano. Ven coa túa asociación, familia ou amigos para percorrer esta aventura e así, entre todos, seguiremos mostrandolle ao mundo que esto é máis que un camiño.

Unha apertaAsociación Camiño dos Faros

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

González Formoso sinala ó emprego e ós servizos sociais como prioridades nos investimentos da Deputación na zona

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou a localidade de Muxía onde mantivo un encontro cos al…

Ler máis
Acceso ao Polígono de Vimianzo: a Xunta propón un convenio que non agrada ao goberno soneirán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantiveron…

Ler máis
Pastora Fernández:”Os galegos teñen a oportunidade de votar  por unha nova forma de facer política que non acepta que a crise a pague o 90%”

Audio coa entrevista a Pastora Fernández   “Non podemos aceptar nin un só recorte máis. Hai que redistri…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Partido Popular Elecciones Galicia 2020
PSOE Elecciones Galicia 2020
VimianSol
Venta Casa Labranza Ponte do Porto
Eskariam Leche
Autos Xallas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Tiburón-19

Francisco Martínez Pin

La  acción de Tiburón (Jaws, 1975) transcurre en Amity Island, una encantadora ciudad turística de la costa de Nueva Inglaterra. Una mañana apare…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Memoria Histórica, pero para todos

Francisco Martínez Pin

Los niños de la guerra, esos que recuerdan el famélico año 41, los de la cartilla de racionamiento, del pan de habas, del aceite que no era aceite,…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Covid-19:¿Somos un país o un despaís?

Borja Ramos Arribi

La historia nos demuestra que casi todos los programas de shock son exitosos en el alcance de sus objetivos y casi todos los gradualistas fracasan. …

Borja Ramos Arribi
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información
Non haberá Camiño dos Faros 2020 | Costa da Morte | Adiante Galicia