2.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 2, 2023

Néstor Rego demandará unha solución para Baldaio no Parlamento do Estado

Tal é como lembraba o rexedor carballés Evencio Ferrero, era algo que se viña advertindo. Agora a situación de Baldaio xa parece insostible, e como sinala Evencio Ferrero xa “se está colmatando a lagoa e, como se pode apreciar, non hai fluxo mareal, como acontecía nas últimas décadas, entre a entrada e a saída da auga do interior da lagoa”. 

Iniciativa parlamentaria por Baldaio

Este luns 17 de febreiro, o deputado no Congreso, Néstor Rego, nunha visita institucional ao concello de Carballo, aproveitou para visitar a zona de Baldaio e departir con veciños e mariscadores.O peche da canle que comunicaba a lagoa co mar é algo preocupante.

O deputado do BNG comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para demandar unha solución a este respecto. Ademais fará xestións diante da Demarcación de Costas para coñecer as previsións ou plans que hai na administración.

Tamén se comprometeu a “facer forza” para que dentro dos orzamentos estatais se inclúan partidas para poder financiar os proxectos de mellora da rede de saneamento e de abastecemento da localidade de Baldaio.

Néstor Rego visitou a capital de Bergantiños un día despois de ser reelexido secretario xeral da U.P.G., organización que pertence ao BNG. Na visita a Baldaio tamén estiveron presentes membros do executivo como Xosé Regueira ou Lois Lamas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,800SeguidoresSeguir
838SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos