13.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Xaime Trillo é novo responsable local do BNG de Dumbría

A asemblea local do B.N.G. de Dumbría vén de elixir a Xaime Trillo Canosa como responsábel local da organización.

Xaime, operario forestal e activista, é tamén delegado pola C.I.G. no comité provincial da empresa pública SEAGA.

Estas son as súas primeiras declaracións

“Somos unha equipa de xente do traballo e da cultura que quere tomar parte, porque estamos convencidas de que a acción política é imprescindíbel para mellorar o mundo.Queremos pór en marcha aquí en Dumbría políticas activas que fomenten a sostenibilidade, defendan a educación e a sanidade públicas e poñan freo ao esboroamento do rural.Traballaremos con empeño desde o posto que as veciñas e os veciños nos asignen, por un concello mellor nun rural vivo, onde a cultura sexa tamén protagonista.”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos