10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

“Ondas de Saúde” en Radio Xallas

Escoita a sección desde o minuto 57 deste audio

Radio Xallas estreou este xoves unha nova sección denominada “Ondas de Saúde”.Grazas á colaboración dos profesionais do Centro de Saúde de Santa Comba nace esta emisión quincenal, onde os ouvintes poderán formular as súas preguntas vía Whatsapp 693287749 ou por correo electrónico radioxallas@yahoo.es.

Labor de comunicación

Na primeira edición, a xefa de servizo do Centro de Saúde, Dolores López Fernández, falou dos servicios do centro médico xalleiro e da atención primaria que “no se centra en las enfermedades sino en las personas enfermas” co valor do medio “que en sí mismo es terapéutico”. 
A doutora López presentou a nova sección que “pretende aclarar temas, resolver dudas y comunicar cualquier tipo de mensaje útil y necesario”.

Comezando pola gripe

E xa houbo mensaxes de interese. A coordinadora de enfermería María Rial informou sobre o inicio das vacinacións fronte o meningococo para persoas nadas entre 2001 e 2003.Xa se pode pedir cita nos centros médicos.

Por último, o doutor Francisco Ameijeiras, fixo unha detallada exposición sobre a gripe, as vacinas, os coidados, as diferenzas entre gripe e catarro, etc.

Sen dúbida unha estupenda iniciativa que realza o papel de servizo social de Radio Xallas, e demostran o compromiso dos profesionais sanitarios que participarán nesta sección radiofónica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos