9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O BNG demanda solucións aos problemas da atención pediátrica na Costa da Morte

Foto- Imaxe de arquivo dunha sesión plenaria en Coristanco

O BNG anuncia a presentación de mocións nos concellos da Costa da Morte para instar a Xunta de Galicia “a dar maior estabilidade a todos os profesionais de pediatría” e a realizar no prazo máximo de seis meses un Plan de Ordenación de Recursos Humanos “a partir do cal presentar un plano de estabilidade de emprego”.

Os nacionalistas solicitan que se aumenten as prazas de formación para as especialidades de Atención Primaria, “nomeadamente pediatría e medicina familiar e comunitaria”, e demandar do goberno español “ o aumento do número de prazas para adaptar as prazas de formación polo sistema de Residencia MIR e EIR  que se ofertan en Galiza, ás necesidades reais que ten o Sergas de cobertura de profesionais. Piden unha atención axeitada en toda a Costa da Morte.

Situación da Costa da Morte

Esta é a radiografía que fan desde o BNG da atención pediátrica na Costa da Morte:

“Lamentablemente a bisbarra tamén está a ser pasto das malas políticas do Partido Popular ao fronte da Xunta de Galicia. Fisterra conta un pediatra fixo, actualmente de baixa que está sen cubrir. Dumbría e  Muxía comparten un puericultor/a. En Vimianzo hai unha pediatra interina que pillou excedencia, e o puericultor de Baio- Zas pasou cargar co peso das dúas localidades, pasando a pasar consulta no centro vimiancés. No concello de Camariñas a situación é a seguinte: unha puericultora fai 3 días en Camariñas e 2 na Ponte do Porto. Os/as nenos/as de Camelle van a Ponte do Porto e en Zas – Baio contan cun Puericultor/a que da consulta 3 días en Zas e 2 en Baio.Polo que respeta a situación de Cee, o recente traslado da pediatra ao hospital de Verín procovou o traslado do puericultor de Muxía ao noso concello, e terá que ser él quen desempeñe o labor dun/dunha pediatra e un/unha puericultor que serían os que nos correspondería polo ratio de crianzas, tendo en conta que ten que dar servizo a Corcubión”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos