9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Feijóo:“No 2020 o obxectivo serán 65.000 persoas, que terán coidados de dependencia en Galicia”

O presidente da Xunta de Galicia anunciou que “No 2020 o obxetivo serán 65.000 persoas, que terán coidados de dependencia en Galicia”. 

O obxectivo inicial do ano 2020, segundo Alberto Núñez Feijóo, xa se rebasou no ano 2018, e polo tanto logrouse multiplicar por catro a cifra de maiores atendidos no 2009.

“Seguir traballando polos maiores”

Nunha visita a unha Residencia de maiores en Carballo, na que estivo acompañado pola Conselleira de Política Social, Fabiola García e polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente da Xunta amosou o seu compromiso de “seguir traballando polos maiores” reforzando o Bono Residencia, o Bono Coidado na Familia e os servizos de Axuda no Fogar con 500.000 horas máis de atención ao ano.

Lembrou tamén a construcción de sete residencias públicas grazas ao convenio coa Fundación Amancio Ortega, que permitirán crear 900 prazas.

Circunvalación de Carballo e autovía da Costa da Morte

O presidente da Xunta referiuse tamén a outros proxectos para a comarca, confirmando que os orzamentos de 2020 inclúen unha partida para a primeira fase da circunvalación de Carballo. “Elaboraremos o proxecto construtivo desta primeira fase da circunvalación, cuxo investimento total ascende a 28 millóns”, aseverou, garantindo tamén unha achega para iniciar os traballos de ampliación do polígono de Carballo.

No tocante á autovía da Costa da Morte, precisou que este ano sacarase a información pública o proxecto de trazado entre Baio e Vimianzo, conectando coa estrada de Camariñas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos