12.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Xosé Regueira agarda que o proxecto da “Senda do Xallas” saia adiante “porque encaixa perfectamente na nosa estratexia”

O Vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación provincial da Coruña, Xosé Regueira, valorou positivamente o proxecto “Senda do Xallas” porque “está claramente orientado á prevención do medio ambiente e á posta en valor dos recursos naturais”.

Escoita a entrevista desde o minuto 56 do audio

“Son os típicos proxectos que nos gustan” 

“Son os típicos proxectos que nos gustan” declarou Regueira, sobre un anteproxecto que se lle presentou fai uns meses por parte dos alcaldes de Mazaricos, Juan Blanco, e Santa Comba, David Barbeira. Tamén está previsto que participen os concellos de Dumbría e Zas.

Nunha entrevista en Radio Xallas, valorou que nesta iniciativa cooperan “diferentes administracións de diferentes cores políticas”, destacando que “existe un plan de xestión posterior de conservación dos investimentos”.

Contacto coa natureza

Lembrou que “un dos produtos turísticos máis demandados é o do contacto coa natureza, que se fai andando ou en bicicleta sen moito impacto de combustible.Este proxecto encaixa perfectamente na nosa estratexia. Agardo que este ano poidamos participar en que saia adiante” endagiu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos