13.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

“Temos que salvar os obstáculos que poida haber para a homologación do Camiño dos Faros”

Sobre a xestión lembrou que “a fórmula adecuada é un Consorcio e agardamos que ese modelo se poida aplicar”.Entrevista completa a partir do minuto 56 deste audio.

O Vicepresidente da Deputación coruñesa asegura que a Costa da Morte ten “produto turístico e somos perfectamente recoñecibles no escaparate turístico de Galicia e de España”.

Con todo isto, Xosé Regueira considera que hai que ir avanzando na “profesionalización” e “non cometer os erros que cometeron outros” para ter “nos vindeiros anos un turismo de referencia”.

Costa da Morte, reserva mundial de Surf

Nunha conversa no programa radiofónico “Na Encrucillada”, o deputado de Turismo apreza “moita marxe de crecemento” sendo posible “que haxa fluxos que axuden a estabilizar ao sector”.

Unha desas apostas e a Reserva Mundial de Surf. E como a zona ten tódolos níveis de protección,  agarda que “non moito máis alá do mes de abril contemos coa declaración en toda a Costa da Morte”, referendada polas distinas corporacións.

Axudas desde a Deputación

Xosé Regueira valorou o traballo da Deputación con axudas para “mellorar a atención turística nos concellos” e tamén a liña de apoio as entidades que traballan nos seis xeodestinos da provincia.

Puxo en valor que segundo os turoperadores, “hai unha parte importante de persoas que evitan as viaxes en barco ou avión polo consumo de combustible. Se hai esa sensibilidade, quere dicir que o futuro pasa por unha natureza coidada”. E aí adquire maior relevancia a nosa zona.

Consorcio de Turismo, fórmula adecuada

Sobre a xestión lembrou que “a fórmula adecuada é un Consorcio e agardamos que ese modelo se poida aplicar” pero mentres,  “temos que madurar” xa que é mellor “ter unha entidade que aglutine a non ter nada”, mentres “imos dando pasos para ter un ente que xestione o turismo dun xeito profesional”.

Xosé Regueira referiuse á “visualización” que lle dará á bisbarra a etapa de La Vuelta Ciclista a España entre Muros e O Ézaro.

Tamén se referiu a un “produto impresionante” como é o Camiño dos Faros e á necesidade da súa homologación:”Ten que haber alternativa para que se poida homologar e poida seguir funcionando. Ninguén pode discutir que é un dos produtos más recoñecidos e demandados”. 
Destacou a súa característica de “sostibilidade” e polo tanto  considera que “temos tarefa por diante para salvar os obstáculos que poida haber” de cara a súa homologación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos