12.2 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Unanimidade en Cee para defender os postos de traballo do sector mar-industria e de Ferroatlántica

Xosé Manuel Lema // Foto- Archivo

“Se teño que ir contra o goberno vou contra o goberno. Vamos onde queirades”. Así se expresou a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, no pleno celebrado o pasado venres, no que presentou unha moción “consensuada co sector”, en defensa dos postos de traballo afectados por unha posible modificación de Lei de Costas. 

Defender ás empresas de Cee

Aclarou que o seu propósito é “defender ás empresas de Cee e aos postos de traballo”.Obtivo o respaldo de tódolos grupos, IxCee, PP, BNG e Ciudadanos.

O portavoz do PP, Antonio Domínguez, lamentou a “descoordinación” e “desunión” que hai no PSOE comarcal e lembrou que era “un problema de toda a Costa da Morte”. Ramón Vigo solicitoulle á alcaldesa que defendera esta demanda diante dos órganos do seu partido.

Ferroatlántica

A corporación tamén aprobou unha moción presentada polo BNG a prol dun estatuto das industrias electrointensivas e a realización dun plan de viabilidade para Ferroatlántica. Antes do pleno os traballadores concentrábanse diante do concello. A situación agravouse despois do peche da actividade dun forno da fábrica e do despedimento de 15 traballadores.

Na sesión tamén se aprobaron os estatutos da asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía ou un regulamento orgánico municipal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos