5.9 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

O concello de Santa Comba presentará un informe para tentar evitar a instalación de aeroxeradores na contorna da Fervenza de Castriz

O concello de Santa Comba presentará un informe medioambiental e turístico para “evitar a instalación” dun parque éolico en Castriz.

O alcalde xalleiro, David Barbeira, mantivo unha xuntanza co xefe territorial de Enerxía e Minas, Isidoro Martínez Arca, ao que, segundo fontes municipais, lle explicou “a riqueza en canto a flora e a fauna dun espazo con humedais a carón do río Mira, no que ademais está “un dos motores turísticos da Terra do Xallas, o entorno Fluvial da Fervenza de Castriz”.

A xuntanza foi “moi positiva”, e desde a Xunta expresaron a súa disposición a aportar o devandito informe ao expediente, asegurando que este informe “será valorado antes da emisión dos informes definitivos de impacto ambiental”.

David Barbeira amosou o interese do goberno municipal por potenciar o turismo da natureza e advertiu que “de se instalaren os aeroxeneradores de 180m proxectados para monte Toural, Campelo e Bustelo, dous deles a apenas 400 metros en liña recta da fervenza, practicamente cortaría de raíz a beleza natural deses paraxes”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos