6.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Mazaricos acolle unha xornada de coidados ás persoas en situación de dependencia ou con necesidades paliativas

 • O vindeiro sábado terá lugar unha xornada aberta na Casa da Cultura con persoas especializadas na materia

 O Concello de Mazaricos organiza unha xornada de balde e aberta o sábado na Casa da Cultura. Nela trataranse os coidados a persoas en situación de dependencia ou con necesidades paliativas. 

Comezará Belén Dosil Neo, enfermeira de atención primaria do Centro de Saúde de Mazaricos, co relatorio “Coidados dirixidos a persoas en situación de Dependencia”. Tras ela, Rocío García Baña, enfermeira do servizo de HADO e Paliativos do Hospital Virxe da Xunqueira que falará do “Acompañamento ata o final do camiño”. 

Logo da parada para o café será a quenda de Luisa Andaluz Corujo, traballadora social da Unidade de Coidados Paliativos do CHUAC co relatorio “As decisións compartidas ao final da vida, o documento de instrucións previas”. Pechará a xornada o xefe da Unidade de Coidados Paliativos do CHUAC, o doutor Juan Sanmartín cunha charla titulada “Coidados Paliativos, facer as cousas ben”. 

Para a concelleira de Servizos Sociais e Cultura, Sandra Alvite, “esta xornada ten unha gran importancia para as persoas do municipio que se atopan nesta situación e está destinada aos familiares, aos coidadores informais e tamén aos coidadores formais que queiran ampliar os seus coñecementos neste ámbito”. Ao fío disto engadiu que “nos centraremos nos coidados esenciais para que esta etapa da vida sexa cómoda, con menos complicacións e que as e os familiares saiban que están aportando todos os coidados que a persoa precisa”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos