11.7 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Mazaricos promocionou a Ruta do Xallas en Fitur

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, e mailos concelleiros de Cultura e Turismo, Sandra Alvite e Jorge Sanmartín participaron na feira FITUR onde promocionaron “os recursos paisaxísticos de Mazaricos a través da ruta do Xallas”.

Fontes municipais indicaron que tamén “aproveitaron para coñecer recursos tecnolóxicos que poderían aportan valor e comodidade ao rural”.
Para o alcalde Juan Blanco  é “moi importante” aproveitar a “plataforma que é FITUR”para “difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos”. 

Neste evevento a comitiva de Mazaricos mantivo xuntanza con turoperadores  “para expoñerlles o ambicioso proxecto da Ruta do Xallas, que comezará este 2020”. Contaron co soporte dunha presentación audiovisual onde se amosan lugares emblemáticos como a a área do Fieiro, Arcos, a fervenza da Noveira, o miradoiro de Enxilde, a devesa de Anllares, Colúns, o miradoido de Corzón, a necrópole de Pedras Miúdas, o encoro da Fervenza, a Ponteolveira, etc. 

O concello de Mazaricos ten a intención de organizar unha fin de semana promocional na zona coa visita de diversos axentes de turismo para publicitar o primeiro tramo desta ruta. 

Mazaricos tamén estivo na presentación da CMAT en cuxo vídeo de presentación se puideron ver algúns recursos naturais do Concello como a fervenza de Santa Leocadia. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos