8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Pequeño Castro lembra o traballo de Neria e pide melloras á Xunta de Galicia

X.M. Lema- Entrevista a partir do minuto 17 deste audio

O alcalde de Dumbría e deputado provincial, José Manuel Pequeño Castro, lembrou o papel de Neria:”Hai que darlle as grazas a Neria. Foi o noso motor e o que nos puxo na realidade e na modernidade, para estar hoxe aquí”.

Nunha intervención telefónica desde FITUR, no programa de radio “Na Encrucillada”, Pequeño quixo poñer en valor “o traballo que fixo “polo Camiño e na proxección turística da Costa da Morte, e xa daquela viña cun stand individual a Fitur, facendo unha labor impensable”.

Lembrou algo que “eu vivín” cun “traballo permanente e duro que non era visible”.

Camiño correcto, máis unión 

Con respecto a esta edición, amosouse satisfeito pola imaxe que está dando a Costa da Morte aínda que precisou:”Temos que unirnos máis se é posible e lanzar unha imaxe única da Costa da Morte”.

Pensa que Fitur é unha boa experiencia “para aprender e coller referencias” e polo demais considera fundamental “aplicar o sentido común e as cousas saen para adiante sempre”.

Demandas á conselleira de Infraestruturas

José Manuel Pequeño pensa que hai que aproveitar e “apoiar” un evento histórico como vai ser a etapa Muros-Ézaro de La Vuelta Ciclista a España e púxolle deberes á Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para que “se prepare” a estrada de Muros a O Ézaro “para lucir unha boa imaxe”.

Con certa retranca, o rexedor dixo que “facía moitas sendas”  pero “temos un territorio na costa non só en Bergantiños onde é ela. Agardo que a Xunta nos responda”.

Pequeño tamén revindicou a chegada “xa” da autovía a Berdoias e o arranxo da vía entre Berdoias e Muxía porque está convencido de que “o gran estandarte vai ser o Parador de Turismo e iso nos vai a dar un revulsivo sempre que teñamos boas comunicacións”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos