Veciños de Santa Comba expresaron o seu malestar pola situación que se está vivindo co punto de atención da Seguridade Social de Santa Comba, que non volveu a abrir as súas portas desde o pasado 16 de decembro.
As persoas que se achegaron á Casa da Cultura o pasado luns no ocultaban a súa sorpresa, e nalgúns casos o seu enfado, pola falta de atención deste servizo e sobre todo pola ausencia de información por parte do organismo estatal. Día a día hai quen se acerca para comprobar que non hai novidades.Na porta das oficinas cedidas desde fai anos polo concello de Santa Comba, hai un cartel que informa das últimas datas de atención.
Durante moito tempo este punto de atención e información prestaba servizo cada luns. Durante o ano 2019 a oficina pasou a estar operativa cada dúas semanas. Agora leva máis dun mes sem estar operativa.
Fai un ano María Pose, alcaldesa naquela época, remitira escritos á Subdelegación do Goberno e a dirección provincial da Seguridade Social para expresar o seu “descontento” coa reducción do servizo.