14.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Piñeiro pensa que David Barbeira e César Ramos “serán recompensados” polo seu traballo e coherencia

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, aplaudiu o “esforzo que está facendo”, David Barbeira á fronte da alcaldía xalleira:“Está a facelo ben e ten a idea de transformar Santa Comba.

Piñeiro cualificou a Barbeira de “valiente, sincero e humilde” e aínda que entende que “non ten unha situación cómoda nin fácil” agarda que poida “ir poñendo sobre a mesa eses grandes proxectos que ten”.

Entrevista con Piñeiro desde o minuto 63

Tamén se referiu ao portavoz de Compromiso no concello da Baña, César Ramos, como “un traballador nato” e un home “claro” nas súas posicións.

“Ten sentimentos moi fortes pola Baña  e é unha persoa seria” engadiu o líder galeguista que lamenta que neste concello “a posición do PSOE non foi a mesma”, actuando con “bastante demagoxia” e “con algunha saída de tono incluso de Gonzalo Caballero esixindo na Baña o que non cumpre noutros concellos”.Pensa que tanto Barbeira como Ramos “serán recompensados” polo seu traballo e a súa coherencia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos