16.8 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Iago Toba:”Temos unha gran materia prima en tódolos concellos da Costa da Morte e imos explotala con unión”

O presidente da CMAT, Iago Toba, destacou a “presenza considerable” da Costa da Morte nun evento coma Fitur que é “un escaparate extraordinario” xa que “interconecta a todo o sector turístico mundial”.

”Temos unha gran materia prima en tódolos concellos da Costa da Morte e imos explotala con unión” manifesta Toba, salientando que a zona ten “propostas moi complementarias ente sí, cunha oferta completa para o visitante”.

Amosa o seu convencemento de que “a comarca está a converterse nunha gran industria turístico, pero hai que traballar porque todo ten a súa evolución”.

Entrevista a Iago Toba desde o minuto 32 deste audio

Intensa axenda de Iago Toba

O presidente da CMAT e alcalde de Muxía ten unha axenda apretada xa este mércores coa presentación na zona de Turespaña  de varias propostas dos concellos de Cee, Vimianzo, Camariñas e Muxía, e tamén no espazo de Galicia na presentación propia do Turismo da Costa da Morte(CMAT).

E o xoves(14h) asistirá a un acto de Paradores, onde estará presente a ministra Reyes Maroto, e no que o Parador de Turismo de Muxía terá un importante protagonismo.

Antes do acto Paradores, concello e a asociación Muxía Natural asinarán un convenio de colaboración. Iago Toba declara que Paradores  actuará coma un axente dinamizador do territorio e dos comercios da vila.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos