O Partido Popular acusou aos alcaldes da Costa da Morte de estar “intentando tapar” a problemática do proxecto de modificación da Lei de Costas “porque este ano hai eleccións en Galicia e están pensando en clave electoral”.
A muxiana Sandra Vilela criticou os “criterios subxetivos” e os aspectos negativos dunha modificación que afectaría ao emprego na zona e dirixiuse aos mandatarios da bisbarra:”Neste momento é cando hai que estar, e defender a terra, o emprego e a Costa da Morte”.
Detrás da pancarta
Vilela lembrou a situación de Ferroatlántica cando gobernaba Mariano Rajoy “e os portavoces do PP estaban detrás da pancarta”.
Os populares inciden na “concesión das prórrogas” para a ocupación de espazos, que obrigaría ao peche, posiblemente, de factorías como a que está operativa en Lires, no concello de Cee.
Entrevista «Na Encrucillada»
Entrevista a Sandra Vilela a partir do minuto 71 deste audio