15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

O PP de Camariñas valora o “forte compromiso” da Xunta de Galicia e apoia a cesión da lonxa vella

O Partido Popular valora “o forte compromiso” da Xunta de Galicia coa Costa da Morte e concretamente co concello de Camariñas “como demostran os máis de 14 millóns de euros invertidos no sector pesqueiro” nesta última década.

Desde a formación liderada por Mauro Aufiero, lémbrase que se acaban de aprobar investimentos para a nova fábrica de xeo “tan necesaria para o sector do mar” e a reparación das instalacións da confraría.

Con respecto a vontade de cesión da lonxa vella por parte da Xunta pensan que é outra mostra máis deste “compromiso”. Os populares inciden en que neste asunto “ nunca houbo unha petición firme por parte do concello sobre este terreo, por iso houbo extrañeza por parte da Xunta sobre a petición que lle fixo o PSOE galego”.

De tódolos xeitos desde o PP local apoian a cesión dos terreos “ante a imposibilidade de traspasar a titularidade ó concello porque esa zona do peirao segue a ser utilizada para actividades pesqueiras”.

Estaremos encantados de colaborar con Concello para buscar unha finalidade que satisfaga os intereses de todos , como poderia ser a construcción de un Museo dos Naufraxios que permitise disfrutar do gran patrimonio que ten a nosa costa (por exemplo os canons do Castelo do Soberano) nun sitio privilexiado” apuntan desde o PP.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos