10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

José Antonio Andrade:”Teremos que ser máis críticos e incisivos se é necesario”

O portavoz do BNG en Coristanco detecta “incapacidade de xestión” no goberno do PP. Escoita a entrevista a partir do minuto 58 deste audio.

O portavoz municipal do BNG en Coristanco, pensa que nestes meses de lexislatura “non se avanzou moito” aínda que houbo “certos cambios no talante da alcaldía” en comparación cos “tics de arrogancia do pasado”.

José Antonio Andrade lamentou a “ausencia de respostas ós nosos rogos e preguntas” e a falta de licitación de obras e de solucións.”De pouco valen as unanimidades se despois hai incapacidade de xestión”.

Nunha entrevista no programa radiofónico “Na Encrucillada”, Andrade tamén se queixa de hai “trámites eternos” e de que “non se atenden as facturas recibidas, dentro do prazo legal”.

“Hai falta de xestión”

“Escóitaseme pero non hai feitos” manifestou este concelleiro ao que lle gustaría que “asistira máis vecindade ao pleno”.

Opina que as prioridades do concello de Coristanco xa están fixadas “cun criterio de consenso, pero hai falta de xestión” e avanza que desde ao oposición “teremos que ser máis críticos e incisivos se é necesario”.

Na entrevista referiuse a un dos temas prioritarios como é o do ciclo da auga e tamén ao Polígono industrial, un tema no que pediu que se fale “cando haxa datos serios”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos