10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Envorca un tractor en Grixoa de Esternande

Un tractor envorcou este sábado na parroquia xalleira de Grixoa de Esternande, concretamente na entrada da Cotoleira.

Unha persoa que se percatou do accidente, dou conta do mesmo ao 112, que mobilizou efectivos dos bombeiros de Santa Comba, Protección Civil e da Garda Civil. No lugar, non estaba o conductor do vehículo.

Previsiblemente, o conductor perdeu o control do tractor despois dunha curva, encontrándose cun desnivel e chegando a impactar contra unha árbore.

Veciños da parroquia criticaron a situación da estrada, e lembraron  os numerosos incidentes que hai, pedindo que se mellore a vía que comunica as parroquias de San Salvador e Grixoa de Esternande.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos