14.5 C
Santa Comba
martes, octubre 8, 2024

Fonte do Picho: O PP xalleiro critica a David Barbeira e este responde que «están caendo moi baixo»

Os populares aseguran que a mellora da “Fonte do Picho” en Almozara-Fontecada era unha obra pendente do anterior goberno.

A placa da arranxada “Fonte do Picho” foi obxecto de críticas por parte do Partido Popular de Santa Comba, que explicaba que se trata dunha “obra pendente do anterior goberno e firmada polo alcalde en castellano”.

Aluden ao texto da placa:”Diciembre 2019. Obra realizada siendo alcalde David Barbeira García”. E neste aspecto, inciden na pertenza do rexedor a Compromiso por Galicia, e de ser “un home que presume de galeguista e pactan co Bloque, Bildu e ERC”. Desde o PP manifestan que “o único que fixo nestes seis meses é enfrentar ós veciños”.

Barbeira sobre o PP:”Están caendo moi baixo”

Para o alcalde de Santa Comba, os populares “están caendo moi baixo” con este tipo de publicacións nas redes sociais, e asegura que “é mentira” que se tratara dunha actuación pendente:”É unha obra que se levaba prometendo durante anos e que executei eu. Era unha cuestión de vontade política”.

Con respecto a autoría da placa, Barbeira manifesta que “foron os veciños os que puxeron esa placa e ainda que me parece esaxerado e foi unha sorpresa, agradézolle de todo corazón o seu detalle. E fareino sempre».

Publicación do PP en Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos