13.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Mar de Fábula inicia o ano cunha limpeza na costa de Camariñas

O colectivo Mar de Fábula organiza unha limpeza nos coídos de Portocelo, O Pindo e Os Boliños da Fortuna, en Camariñas. 

Será este sábado 11 de xaneiro. O punto de encontro, as 10,30 na rotonda do Castelo do Soberano. A entidade conta co soporte loxístico do concello de Camariñas, para o transporte do material que se recolla nesta xornada.

En declaracións ao programa radiofónico “Na Encrucillada”, o presidente de Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros asegurou que na zona “hai enormes volumes de lixo plástico. Caixas, aparellos de rede, envases de produtos químicos, botellas, bidóns, etc”.Pero tamén “os microplásticos están aí” ou “pellets de resina” que teñen chegado en grandes cantidades á Costa da Morte nas últimas datas.

Entrevista con Barros a partir do minuto 65 deste audio

Barros apreza unha “meirande sensibilidade” co problema da contaminación mariña se ben “o mar leva sendo maltratado durante moitas décadas e hai moito lixo”.

Considera que estamos “nunha década crucial de cara a tomar medidas para asegura a sustentabilidade da vida na terra“. O sábado, en Camariñas, inician un calendario activo de limpezas previstas neste 2020.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos