3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

“Isto vai a continuar. Queremos algo que se vexa. Non podemos esperar máis”

Entrevista con Xosé Abelenda e José Manuel Nieto a partir do minuto 70 deste audio.

Despois da xornada de manifestación do pasado sábado, Xosé Abelenda e José Manuel Nieto, veciños de Grixoa de Esternande e San Salvador, respectivamente falaron este martes en Radio Xallas.

Fixeron unha valoración moi positiva do que consideran unha “xornada histórica” que serviu para visibilizar a súa demanda.“Xa falan de nós, e parece que aos políticos chegoulles a mensaxe” “ comentou Abelenda na radio pública xalleira.

“Senón loitamos os buratos van a ser máis grandes ca estrada”

Aínda que será cousa das asembleas veciñais, o que teñen claro tanto Nieto como Abelenda é que “non hai marcha atrás”, e que se debe seguir polo camiño da reivindicación incluso con “medidas drásticas” ata consequir o obxectivo.

“Senón loitamos, os buratos van a ser máis grandes ca estrada. Hai que facer algo sen demora” manifestou Nieto, mentras que Xosé Abelenda tamén foi claro:”Isto vai a continuar. Queremos solucións, pero algo que se vexa. Non podemos esperar máis. O concello ten que facer as xestións necesarias”.

Denuncian as fochancas que existen nunha estrada que ademais está “desnivelada e descompensada” e que está soportando un tráfico importante.

Agradecen o apoio de xentes doutras localidades e destacaron a repercusión mediática da súa iniciativa, ocupando grandes espazos en xornais como El Correo Gallego, Diario de Bergantiños ou mesmo Adiante Galicia, onde tamén se partillou un vídeo que está circulando moito polas redes sociais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos