11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

Nas rúas de Santa Comba escoitáronse as demandas dos veciños de Grixoa de Esternande e San Salvador

EN BREVE VIDEO E FOTOS DA MANIFESTACIÓN EN ADIANTE GALICIA

As rúas de Santa Comba acolleron unha animada manifestación na que ducias de veciños de Grixoa de Esternande e San Salvador reclamaron ás autoridades municipais, unha solución para a abandonada estrada principal que comunica estas parroquias.

A protesta organizada pola asociación de “Grixoa de Esternande – Minas de Varilongo” e pola entidade veciñal de San Salvador , contou co apoio de veciños doutras parroquias como Castriz, ou A Pereira, e incluso por persoas chegadas desde Coristanco.

Representantes de BNG e Compromiso

No apartado político, acudiu o responsable local do BNG, Alexandre Antelo e o candidato nas últimas eleccións, Alberto Calvelo. Antelo expresou o seu apoio “a unha xusta reivindicación” e esixiu ao concello e aos diferentes portavoces “que informen do seu posicionamento ao respecto e xustifiquen a inacción para solucionar esta demanda”.

Tamén estivo a secretaria de finanzas de Compromiso por Galicia, a xalleira Montse Almozara, que dixo que a súa presenza estaba motivada “pola sintonía que a nivel persoal e a nivel político ten Compromiso en Santa Comba con este problema”. 

Lembrou que a mellora da estrada era un obxectivo a resolver antes das eleccións e que o alcalde “David Barbeira fixo todo o posible para que esta estrada se introducira no Plan Pos + 2020”.

”San Salvador-Grixoa de Esternande:estrada xa”

A mobilización estivo presidida por dúas pancartas cos seguintes lemas:”San Salvador-Grixoa de Esternande:estrada xa” e “Santa Comba morre: inversión no rural”.

Con distintas mensaxes a comitiva desprazouse desde a casa consistorial ata a Casa da Cultura, onde se concentrou durante varios minutos e despois fixo de novo o percorrido, pero á inversa.

Houbo continuas alusións directas e críticas tanto ao PSOE coma ao PP, e aos seus portavoces José Antonio Ucha e María Pose. Mensaxes que criticaban o plan de obras proposto e aprobado polo PSOE e que se referían con retranca á ausencia de dous concelleiros do PP no pleno.

“Pedimos unha estrada en condicións”

Os promotores valoraron moi positivamente os apoios recibidos. A actividade coincidiu do día de feira na Capital do Xallas.Unha das persoas que encabezou a manifestación foi Xosé Abelenda que advertiu que de non haber solución, haberá máis actos reivindicativos.

“Non pedimos unha autoestrada senón unha estrada en condicións, porque houbo moitos accidentes.É un perigo constante” declarou Abelenda, mentras que desde o megáfono, un veciño de San Salvador, Manuel Vilacoba queixábase: Déronnos 240.000 euros pero estamos desbordados de baches e de romper amortiguadores. Levamos seis alcaldes e a día de hoxe non temos estrada”.

Non faltou un gaiteiro para a acompañar a comitiva, nin unha especie de ataude coa frase “Santa Comba morre”. Apoiado neste “féretro” Abelenda concluía: “Queremos feitos.Non queremos acabar dentro do caixón antes de que se faga a estrada”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos