O Concello de Mazaricos reeditou o seu xa tradicional brinde leiteiro tras a Carreira do Leite. Este ano, ademais, as nenas e nenos puideron abrir unha piñata xigante de vaca.
Deste xeito, o Concello reivindica outro ano máis a súa vocación gandeira e o orgullo de ser rurais. Amenizaron o acto as cantareiras das Amas de Casa-El Hórreo. E xunto o brinde, degustouse unha tarta con forma de vaca.
Previamente as e os corredores da Carreira do Leite animaron as rúas da vila con simpáticos disfraces: un rebaño de vacas, enfermeiras, bailarinas…
A programación do Concello para hoxe incluiu o concerto de Aninovo e chocolatada coa Coral Pedra Serpal.O día 5 os Reis Magos volverán en tractor.
Fonte- Concello de Mazaricos