10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Este sábado, manifestación para demandar melloras na estrada de Grixoa e San Salvador

A asociación de veciños de “Grixoa de Esternande – Minas de Varilongo” convoca unha manifestación para o vindeiro 4 de xaneiro, como xa adiantara este xornal.

Desde a entidade insisten na necesidade de que se acometa unha actuación urxente na estrada de Grixoa e San Salvador, que se encontra nun estado lamentable e supón un perigo para a circulación.

“Parece ser que o rural importa mui pouco, e as vidas das persoas que circulan por esta estrada menos” queixábase o presidente da asociación, Marcos Mouro, desde as redes sociais.

A manifestación, na que tamén participarán veciños de San Salvador, arrancará ás 11 desde a Casa do Concello e camiñará ata as inmedicacións da Casa da Cultura, coincidindo co día da tradicional feira xalleira.

Chamamento ós veciños de Santa Comba

Os promotores fan un chamamento á participación e non descartan máis actos reivindicativos se desde o concello de Santa Comba non se achegan solucións a súa histórica demanda.

Desde a asociación manifestan:“Pedimos a tod@s os veciñ@s de Santa Comba que se sumen para así entre tod@s poder defender a vida digna no rural. Esperamos e confiamos que a nosa voz se escoite e así poder conseguir que se nos arregle a carretera pois levamos un cuarto de século esperando. E estamos fartos de esperar por unha estrada”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos