2.1 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Mónica Rodríguez:“No concello non hai filtros, as portas están abertas a tódolos veciños”

A prioridade da alcaldesa de Vimianzo é escoitar aos veciños e ir atendendo ás súas peticións”. Foto- Víctor Hugo.

A entrevista con Mónica Rodríguez, a partir do minuto 23

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez fixo un balance “satisfactorio” deste 2019 e enviou un  agradecemento “aos veciños de Vimianzo por darnos a confianza” nas pasadas eleccións de maio. “Agora tócanos traballar duro por Vimianzo” asegurou Rodríguez nun concello “onde non hai filtros e as portas están abertas a tódolos veciños”. Destacou o traballo que está desenvolvendo todo o seu equipo.

Un plan de obras para atender necesidades

Precisamente a súa prioridade é “escoitar aos veciños e ir atendendo ás súas peticións”. Neste senso destacou os investimentos recollidos no POS, que ascende a 1,4 millóns de euros, e que contempla dar cobertura a varios núcleos que “non tiñan rede de auga municipal”

A pavimentación da camiño que vai por detrás do tanatorio de Baíñas, e tamén a mellora da entrada do pobo. Para a alcaldesa é outro reto:”As entradas do concello necesitan unha nova imaxe”. Ademais  desenvolveranse distintas melloras e un plan de sinalización integral de todo o municipio.

“Encontrámonos con cousas incompletas ou a mal facer”

A herdanza que recibiu do anterior goberno parece que non foi a mellor. A alcaldesa socialista asegura que “encontrámonos con cousas incompletas ou a mal facer”. Na súa folla de ruta ten especial protagonismo o mantemento das parroquias, e agarda poder dispoñer “dun equipo de xente os máximos meses do ano” para acometer estas tarefas.

Tamén no 2020 quere seguir traballando na dinamización do Polígono industrial “que é estratéxico e moi completo”, coas excavacións no Castro da Barreiras, e celebrando por todo alto as vodas de prata do Asalto ao Castelo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos