4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ucha anuncia a chegada das redes ultrarrápidas de internet antes de rematar 2021

Reproducimos a nota de prensa completa que chegou a nosa redacción.

SANTA COMBA QUEDARÁ CUBERTA POR REDES ULTRARÁPIDAS DE COMUNICACIÓNS DE ACCESO A INTERNET ANTES DE REMATAR 2021

A Concellería de vías obras e servizos, do Concello de Santa Comba, que está ao cargo de D. José Antonio Ucha Velo, informa que Santa Comba quedará cuberta por redes de fibra óptica ultrarrápida de acceso a internet antes de rematar 2021, aínda que, a medida que se vaian rematando os traballos por zonas xa se verán resultados e redes en servizo de forma progresiva. De feito neste nadal xa se están vendo operarios traballando en diferentes zonas do municipio, incluíndo o casco urbán municipal, a pesar da gran  cantidade de chuvia que está caendo.

As accións están incluídas dentro do Plan de Banda Larga 2020, que a Administración Xeral do Estado, por medio do Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, está promovendo en colaboración cos gobernos autonómicos.

Neste senso Telefónica acaba de recibir una subvención da convocatoria 2019 do Programa Estatal, para despregar fibra óptica antes do remate de 2021 en diferentes núcleos poboacionais de Santa Comba (indícanse), e que sumando os núcleos que xa contan con ela, cubrirán a práctica totalidade do territorio municipal.

Según informacións recabadas polo propio concelleiro de servizos municipal, tamén se prevee que o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes, aínda que no caso de Santa Comba prevése que a gran maioría do municipio quedará xa cuberta cos plans actuais.

TELEFONÍA MÓBIL

Ucha Velo tamén informa que se fará un estudio en profundidade para a identificación de zonas con deficiencias en telefonía móbil e parcelas para posibles ubicacións de infraestructuras, dado que, próximamente tamén se desenvolverá un novo proxecto de mellora entre a Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP) cun investimento público de mellora de comunicacións móbiles no rural de ata 5 millóns de euros.

Neste senso, e aínda que as zonas con deficiencias en telefónia móbil están bastante ben localizadas, demandaráse a colaboración da Policía Local, Protección Civil e Brigadas municipais de obras a súa colaboración, dado que son os servizos municipais que máis mobilidade teñen por todo o territorio municipal e os que máis captan no días a día esas deficiencias.. Por suposto, tamén se insta aos veciños que comuniquen as zonas de sombras ou mala cobertura.

ZONAS DE ÁMBITO MUNICIPAL DE DESPREGAMENTO DE REDES ULTRARÁPIDAS

PROGRAMAS DO GOBERNO CENTRAL

Santa Comba é un dos concellos máis complicados de Galicia para o despliegue de redes dada a súa extensión (203 Km2 dos máis grandes de Galicia), e a súa dispersión poboacional por medio de 17 parroquias e 135 entidades de poboación, que quedarán cubertas con actuacións desde 76 puntos poboacionais repartidos en cada unha das 17 parroquias polo Programa de Extensión de Banda Larga de nova Xeración do Goberno Central por medio da operadora Telefónica.

O despregamento levárase a cabo desde Albarín, Alón de Abaixo, Alón de Arriba, Cataduiro, Cruzana e Esmorode na parroquia de Santa María de Alón. Arán, Arantón, Rieiro, Vilarnovo e Xesteira na parroquia de San Vicente de Arantón. Bazar, Castiñeira, Figueiras e Sabaceda na parroquia de San Mamede de Bazar. Boaña de Abaixo, Boimente, Castriz, Choupana, Estévez, Frieiro, Hospital, Mostaza, Outeiro, Padreiro, Xesto e Traba na parroquia de San Pedro de Castriz. Buxán, Cícere e Espasandín na parroquia de San Pedro de Cícere. Choupana, Fontecada, Loureiro e San Martiño na parroquia de San Martiño de Fontecada. As Abeleiras, Amenzóns, Castropombo, Freixeiro, A Illa, Portocarreiro e Vilarnovo na parroquia de San Félix de Freixeiro. Vilar de Céltigos en Grixoa. O Outeiro en San Cristobo de Mallón. Amarelle, Castro, Cotón, Montouto e Porto en Santa María de Montouto. Albarín e San Salvador en Divino Salvador de Padreiro. No núcleo de A Pereira. O Busto, Castro, Fornos, Guldríz, Picotos, Santa Sabiña e Travesas na parroquia de San Xulián de Santa Sabiña. Abuín, Cruz de Santos, Salgueiroas e Ser na parroquia de San Pedro de Ser. O Carballal, Negreira, Recarei e Vilamaior na parroquia de Santa María de Vilamaior.  E no casco urbán de Santa Comba e o seu entorno por medio dos lugares de A Aldea, Caselas, Cerdeiras, Combarro, Cubelo, Gontán, Guisande, Ventosa e o proio núcleo de Santa Comba (incluído Santa Catalina).

PROGRAMAS DO GOBERNO AUTONÓMICO

Pola súa parte o goberno autonómico xa ten rematadas actuacións para a distribución de redes desde oito núcleos de poboación (O Couto en Alón, Boaña de Arriba en Castriz, Mallón e Rebordelos en Cícere, Barbeira en Fontecada, Montouto, Randufe en Santa Comba e Pereira de Vilamaior). E igualmente que o despregamento do Goberno Central, coa operadora Telefónica.

QUE OFRECEN AS REDES ULTRARRÁPIDAS

As redes ultrarrápidas de Telefónica destacan pola súa alta capacidade e calidad de transmisión, donde a sinal é inmune as interferencias externas e as inclemencias meteorolóxicas, e por ofrecer a posibilidade de conectar varios dispositivos a vez coas mellores condicions de velocidade e calidade, disfrutar de contidos audiovisuais en alta definición ou videoxogos de última xeración.

A diferencia de outras tecnoloxías similares, a fibra de Telefónica cheega ata o propio fogar, é dicir, non utiliza cobre ou coaxial no último tramo e, por tanto, non perde velocidade porque non é compartida con ningún outro cliente. Conta cun ancho de banda ilimitado e simetría na baixada e subida de datos, ademáis de ser escalable, é dicir, ten capacidade para aumentar no futuro os megas actuais de forma ilimitada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos