15.5 C
Santa Comba
sábado, junio 3, 2023

David Barbeira:»Eu non me escondo de ninguén e intento dar unha solución aos problemas»

“Cheguei a un acordo de goberno co PSOE e en principio vou a ser alcalde dous anos”

Entrevista con David Barbeira a partir do minuto 92 

A pesar das diferencias públicas e notorias, e dos enfrontamentos verbais nos plenos, o alcalde de Santa Comba asegurou en Radio Xallas que ten “un pacto de goberno e vou cumpri-la miña parte”.Barbeira confirma que “discrepamos en moitas cousas” e a existencia de “enganchóns”, pero avoga por “arranxar os problemas de portas para dentro”.

Ainda que recoñece que “pode pasar de todo” insistiu en que “vou a ser alcalde dous anos”,e avanzou que mentres “estea aquí” vai a manter a confianza no seu actual asesor, Suso Ares.

“Non estamos á altura dos nosos veciños”

Non ocultou a súa “preocupación” pola situación política do concello:”Estamos dando unha imaxe que o pobo non merece.Non   estamos a altura dos nosos veciños. Eles esperan outra cousa, non os circos que hai nos plenos”.

Lamentou que nin tan sequera se poidera debater o seu Plan de Obras. Sobre o do PSOE, que foi aprobado, indicou que coincide en varias obras pero reitera que “unha partida de 631.000 euros en maquinaria non era realmente algo de primeira necesidade”, e sí, por exemplo a estrada de San Salvador e Grixoa de Esternande que ten “tramos destrozados”. 

“Tentei chegar a un acordo co POS”

Con respecto a esta vía de comunicación negou que houbera problemas de dispoñibilidade de terreos nos treitos que figuraban no seu plan de obras, e anunciou que vai “tentar buscar os medios económicos para poder cumprir esa promesa que se tiña cos veciños. Non descarto que se poida arranxar, haberá buscar a financiación por outros lados”.

Sobre a falta de consenso, Barbeira manifesta que “sempre quixen dialogar, dentro dun respecto. Tentei chegar a un acordo co POS, a pesar de todas as infamias que se din”.

O PP non fixo os deberes co Polígono Industrial

Sobre a súa dinámica de traballo informou que seguía traballando no Centro de Día pero non quere adiantar nada ata que tela confirmacións.

Tamén está á espera de reunirse coa Xunta polo Polígono industrial. Neste tema lamentou que o anterior goberno do PP “non fixera os deberes” cando sabían que “había que facer un proxecto de plan sectorial”. É consciente que o aumento de solo é algo moi importante.

Sobre os investimentos da Xunta

Sobre as administracións, o alcalde reflexionou sobre o papel da Xunta nos últimos anos, sen grandes investimentos só “catro millóns de euros nun pedazo de estrada que non lle aporta nada a Santa Comba”.

Ademais Barbeira engadiu que “non hai un proxecto pechado para que a estrada chegue a Santiago, e non sei se teremos que esperar  trinta anos”.Con respecto á Deputación declarou:”Da Deputación recibo o mesmo que recibían os gobernos do PP e do PSOE. Non inflúe quen sexa alcalde”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos