11.1 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

Nadal no concello da Laracha 2019

As actividades de Nadal do concello da Laracha xa están en marcha

As primeiras actividades van dirixidas aos colexios. Comezaban este luns e seguen o mércores con teatro infantil na Casa da Cultura en horario lectivo con espectáculos adaptados a cada grupo de idade. Ademais, os nenos poderán saudar a Papá Noel despois de cada unha das funcións.

O xoves 19 a partir das 11:00 horas realizarase na biblioteca da Laracha a cualificación dos concursos de contos e postais, tamén dirixidos ao alumnado dos centros educativos. Os outros certames de Nadal son o concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” programado para o domingo 29 a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura, e o concurso de escaparates, que este ano incorpora, ademais da habitual valoración do xurado, premios para os establecementos máis votados na páxina de Facebook do Concello da Laracha.

Despois da boa acollida en pasadas edicións, volveranse realizar obradoiros infantís de cupcakes e galletas de Nadal. Será os días 27 de decembro (alumnos de infantil) e 2 e 3 de xaneiro (alumnos de primaria) en horario de 11:30 a 13:30 na Casa da Cultura da Laracha. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición, que é gratuíta.

Os eventos público infantil tamén serán grandes protagonistas desta programación de Nadal, coas seguintes propostas sempre a partir das 17:30 horas:

23 de decembro. Tarde de cine infantil: Pérez, o ratiño dos teus soños na Casa da Cultura da Laracha.

26 de decembro. Teatro infantil: Fran Rei e o conto da barriga verde no centro sociocultural de Paiosaco.

27 de decembro. Teatro infantil: As sircópatas con Rogelio na Casa da Cultura da Laracha.

30 de decembro. Tarde de cine infantil. A Tropa do Trapo no país no que nunca se pon o sol no centro sociocultural de Paiosaco.

2 de xaneiro. Espectáculo de maxia: Código de Dani García na Casa da Cultura da Laracha.

3 de xaneiro. Espectáculo musical: Rilo e Penadique na Casa da Cultura da Laracha.

Como eventos deportivos destaca o torneo de baloncesto “José Antonio Vega”, que alcanza a novena edición coa presenza de equipos de categorías de base que chegarán desde diferentes localidades galegas. Desenvolverase o sábado 28 de decembro nos pavillóns polideportivos municipais.

Tamén haberá un torneo de fútbol sala base indoor en modalidade 3×3. Celebrarase o 23 de decembro de 10:00 a 13:30 horas no pavillón Municipal da Laracha e vai dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse previamente no Concello.

Ademais, o venres 27 de decembro en horario de tarde (16:00 a 18:30 horas) proponse unha xornada no Urban Planet de Oleiros, onde os asistentes poderán gozar do trampolín park máis grande de España para practicar saltos e piruetas. Tamén se require inscrición previa no Concello e vai dirixido a mozos de entre 12 e 30 anos de idade.

A cabalgata dos Reis Magos pechará as festas do Nadal e tamén o programa de actividades do Concello o domingo 5 de xaneiro. A saída da praza do Concello está prevista para as 16:30 horas. Chegarase a Caión ás 17:30 e realizarase un encontro cos nenos no porto. A seguinte parada, no campo da feira de Paiosaco, estímase que será ás 18:30.

Na Laracha, tras facer un percorrido polas rúas da capital municipal, chegarán ao pavillón do IES Agra de Leborís ás 19:30 horas. Nese lugar os nenos están convidados a agardar polas Súas Maxestades os Reis Magos desde as 17:00 participando nunha gran Festa Infantil. Os nenos de 7 a 11 anos de idade que desexen acudir como paxes poden solicitalo no Concello antes do día 2 de xaneiro, cando se fará o sorteo público para outorgar as prazas dispoñibles.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos