10.8 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Xosé Abelenda: “Esperamos que o martes se aprobe o proxecto se non convocaremos unha manifestación”

Escoita a entrevista con Abelenda a partir do minuto 29 deste audio. Na foto Xosé Abelenda co presidente Marcos Mouro.

O portavoz da asociación de veciños de “Grixoa de Esternande”, Xosé Abelenda, solicitou desde os micrófonos de Radio Xallas o apoio do Partido Popular e do PSOE para que este martes se aprobe a proposta de Plan de Obras da alcaldía, xa que “é a única opción que se nos presenta onde se recollen unha parte das nosas reivindicacións”.

E lanzou a seguinte mensaxe:”Encantaríanos que PP e PSOE se sumaran ao proxecto da alcaldía.O proxecto da alcaldía está aí e é suficiente con erguer a man”.

Abelenda lembrou que “todos os partidos políticos” se comprometeron con esta mellora e polo tanto “esperamos que o martes se aprobe o proxecto senón convocaremos unha manifestación”.

Unha débeda histórica 

Asegura que se trata dunha “débeda histórica” e unha “infraestrutura fundamental e prioritaria” que se leva prometendo desde fai décadas. ”Existe unha débeda histórica e chegou o momento de resolver este problema” manifestou.

Lembrou os accidentes acontecidos na vía, os danos causados nos coches polas fochancas ou os problemas dos camións “atrancados” pola falta de sinalización. Pediu que “deixen de tratarnos como se fóramos de segunda categoría” e que se acometan melloras nesta vía de comunicación con Santa Comba e coa Agualada, que como incidiu Abelenda tamén afecta os veciños de San Salvador.    

    

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos