3.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Vodas de prata do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra

//X.M.L.//

O salón do Voluntariado de Muxía acolleu unha homenaxe ás persoas que fai case tres décadas conseguiron que se establecera o dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra.

No acto organizado, pola asociación española de titulados náutico  pesqueiros (AETINAPE), o concello de Muxía e as confrarías de Muxía e Fisterra, estivo presente o que foi secretario xeral para os servizos do Transporte do goberno do estado, Manuel Panadero.

Recoñeceuse a labor tamén dos ex-patróns maiores de Fisterra (xa falecidos) Manuel Buján e Juan Domínguez do de Muxía, Carlos Barrientos e de patróns de cinco barcos arrastreiros e varios xornalistas.

Neste recoñecemento estivo presente o delegado do Goberno, Javier Losada, o xefe do centro de control de Tráfico e Salvamento de Fisterra, Manuel Capeáns, o presidente de AETINAPE, José Manuel Muñiz e o alcalde de Muxía, Iago Toba.

Javier Losada reiterou o compromiso do goberno coa seguridade no mar e lembrou que o dispositivo identificou en 2018 a un total de 36.345 buques. Despois a través da súa conta de twitter comentou que fora un día de «emocións» e » unha homenaxe aos que fixeron posible que a Costa da Morte pasara a ser Costa da Vida».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos