11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Entrega simbólica das chaves do Parador de Muxía

//X.M.L//

A presidenta de Turespaña, Isabel Oliver, entregará este luns(11,00h) as chaves do Parador de Turismo de Muxía ao máximo responsable de Paradores, Óscar López, nun acto no que tamén ten confirmada a súa presenza o delegado do Goberno Javier Losada e o alcalde muxián, Iago Toba.

O Parador de Turismo de Muxía abrirá as súas portas a vindeira Semana Santa. Unha vez rematadas as obras, agora está pendente a colocación do mobiliario e a decoración do recinto.

O Parador, ubicado en Lourido, ocupa un espazo de 15.000 metros cadrados. Contará con 63 habitacións, spa, salóns para eventos e unha piscina.Esta actuación foi anunciada no ano 2002, despois do accidente marítimo do Prestige.

Da dirección do complexo encargarase o fisterrán Julio Castro, ata o de agora director do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos