8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

O BNG quere recuperar protagonismo no concello de Vimianzo

//Cristóbal Mourín//

“Estamos seguros de que imos volver a colocar o BNG onde se merece”. Son as palabras de Lorena Suárez Pazos; veciña da Piroga, profesora do instituto de Ponteceso e nova responsable do partido en Vimianzo.

Lorena Suárez afirma afrontar este reto “chea de ilusión, con gañas de comezar a traballar por Vimianzo”. Destaca que a asemblea local do BNG “non fixo máis que medrar”.Terá como vicerresponsable a Roberto Roget.

Vimianzo, un concello mellor

“Poremos todo o noso empeño niso e en contribuir a un concello mellor. Conto para iso coa axuda dos compañeiros e compañeiras da asemblea local, unha asemblea que non fixo mais que medrar desde que nos xuntamos para formar a lista das municipais, pero sobre todo coa colaboración de Roberto Roget que será vicerresponsable” afirmou Súárez.

O BNG non obtivo representación nas últimas eleccións pero foi sempre unha forza referente no concello, ata a marcha de Manuel Antelo Pazos e a creación de Adiante Vimianzo. Agora aspiran a recuperar protagonismo na política local. Lorena Suárez ocupou o segundo posto na candidatura dos últimos comicios.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos