//Xosé Manuel Lema// O partido do goberno e a principal forza da oposición. Uns seis meses de mandato e dúas ópticas diferentes.
Entrevista a Juan García desde o minuto 37 do audio
Un concello na boa dirección
Para o alcalde Juan Carlos García Pose o concello «vai na boa dirección» e navega «a velocidade de crucero», sacando adiante licitacións e adxudicando obras. Lembra que había expedientes sen rematarse desde 2012.
Tamén se refire a praza de aparellador «un tema que vén de anos, e no que non se acertou no procedemento e acabou xudicializándose».
García Pose asegura que «decidimos facer varias cousas». Unha solución inmediata coa contratación dun gabinete, unha opción a medio prazo coa iniciación dunha praza interina mentras se impulsa un expediente de revisión da praza de funcionario, como solución final dentro duns oito meses.
Outra das frontes de actuación, segundo o rexedor popular, son os saneamentos. Lembrou que se está a traballar no cobro dos recibos e na actualización da ETAP, así como en mellorar o funcionamento das depuradoras do concello.
Aclara que o Plan de Obras foi consensuado coa oposición, para pago a provedores e saneamentos e que «prácticamente todos os asuntos apróbanse por unanimidade».
Outro obxectivo é conseguir solo industrial. García Pose indica que encargou un estudio viabilidade sobre a posibilidade de establecer unha área industrial na zona da Miñata, e que trasladará este informe ao IGVS «para que continúen co resto do procedemento».O alcalde espera que o traballo empece a dar froitos.
«Un goberno de brazos cruzados»
A opinión de Amancio Lavandeira é moi distinta.»Este goberno está de brazos cruzados.O concello está ao tirmo do que vai aportando a oposición, que está sendo moi constructiva e foi a que lideradou a petición de baixadas das taxas dos vehículos, por exemplo».
O líder da oposición recrimina a falta de respostas ás preguntas plenaria e a que «as problemáticas que había seguen enquistadas».Fai mención a que «estánse xestionando os recibos da auga tarde, mal e arrastro e seguimos cun follón impresionante no subministro».
Entrevista a Amancio Lavandeira desde o minuto 20 do audio
Amanacio Lavandeira engade que «seguimos acumulando expedientes en urbanismo e non se dan licencias» e que a pesar de que «parecía que ían a investir millóns de euros pero nos orzamentos Coristanco non percibe nin un só euro».
Agarda ademais comezar con obras, a partir da primavera, nunha das xoias do municipio, o Refuxo de Verdes. O goberno local pretende mellorar as sinalización, os accesos, ampliación de sendas e aparcamento. «Ao longo do próximo ano verase un espazo diferente»