9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Sandra Vilela:”Levamos seis meses de goberno e non se trouxo ningunha iniciativa ó pleno”

Escoita a entrevista con Sandra Vilela desde o minuto 71 deste audio

A portavoz municipal do Partido Popular de Muxía lamenta que a día de hoxe o concello non teña orzamentos aprobados:”Levamos desde 2017 cos orzamentos prorrogados e imos entrar no 2020 cos orzamentos tamén prorrogados” lamentou Sandra Vilela.

“Estamos esperando para ver que iniciativas vai levar a cabo, e cara onde vai o goberno, porque ata este momento non temos nada que valorar” engadiu Vilela, alertando que o concello de Muxía “está intervenido polo Ministerio de Economía porque incumprimos a regla de gasto”.

Unha consecuencia da falta dun orzamento, a pesar de qua tanto este como o anterior goberno do PSOE tiñan maioría absoluta, o que para o PP é algo “sorprendente”.

O PP demanda iniciativas turísticas ao goberno do PSOE

Sandra Vilela advirte que esta situación pode “traer moitos problemas aos muxiáns”, de feito “o ano pasado bloqueáronnos un millón e pico de euros e esta non é a mellor forma de gobernar”.

Nunha entrevista no programa radiofónica “Na Encrucillada”, Vilela tamén se referiu a súa moción para a posta en valor da Pedra de Abalar e da súa contorna.

Empraza ao executivo que preside Iago Toba a “empezar a dar feitos, porque de momento non houbo nin unha soa iniciativa para o turismo e hai que empezar a traballar e dar servizos e calidade turística desde a administración” para corresponder a labor desenvolvida polo sector privado.Os populares insisten na necesidade de contar cunha oficina de turismo con carácter permanente.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos