5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

A Xunta investiu 119.000 euros no polígono de Santa Comba

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, desprazouse a Santa Comba para supervisar a conclusión das obras de mellora da rede de saneamento do Polígono Industrial xalleiro, na que  a consellería de Economía,  Emprego e Industria investiu 119.000 euros.

Rodeiro estivo acompañado polo alcalde, David Barbeira, o primeiro tenente de alcalde, José Antonio Ucha, pola portavoz do PP, María Pose e polos edís Cristina Fajín(PSOE), José María Espasandín(PSOE) e Manuel Andrés Mouro(PP).

Durante a súa visita, Rodeiro recalcou que “esta actuación que financia a Xunta, en colaboración co Concello de Santa Comba, tivo como obxecto levar a cabo a reforma e mellora de capacidade da rede de saneamento que agora permite separar a rede de pluviais e de fecais para evitar o colapso do colector existente e reducir o bombeo á Edar de Santa Comba, xa que esta obra permite agora enviar só as augas fecais co conseguinte aforro económico para o polígono e para o funcionamento habitual da estación depuradora do municipio”. 

O delegado destacou que “esta actuación reduce o envío do caudal de augas pluviais para poder asumir un maior caudal de fecais en previsión de novas implantacións de actividades neste polígono”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos