15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Os Bolechas volveron a Santa Comba para falar da igualdade

Os Bolechas van a Santa Comba. A igualdade entre nenas e nenos” é o título dunha nova guía realizada polo creador Pepe Carreiro, e editada por Edicións Bolanda.

A historia comeza protagonizada por Catalina que a través de Radio Xallas fai un chamamento as nenas e nenos, para que veñan a Santa Comba a falar de cousas importantes.

Nesta publicación faise referencia a Fervenza de Castriz, a ermida de Santa Catalina, a de San Bartolomeu, a Radio Xallas, Casa do Pozo, a rotonda da Santa, IES Terra de Xallas, Casa do concello, xardíns da rúa Miraflores, ao complexo deportivo de Fontenla e a praia fluvial de Esmorode.

A guía foi repartida polo concello de Santa Comba nos centros escolares e publicouse co apoio da Secretaria da Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio da Presidencia do goberno do Estado. Con anterioridade Os Bolechas xa protagonizaron outra publicación relacionada con Santa Comba.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos