Mazaricos volve triunfar nesta XIII edición da poxa de gando frisón. As gradas do recinto feiral polivalente quedaron pequenas para acoller ás e aos poxadores. Vendéronse 19 vacas de ganderías da comarca. Ningunha delas saíu cun importe menor a 2050€ e o prezo máximo acadouno Cundins Cristel Bywat e Cundins Adela Sillian, as dúas da gandería Cunordam (Zas) e cun prezo de 3150 cada unha. A terceira mellor poxada foi da gandería Lago de Mazaricos, que chegou aos 2950€.
A poxa foi dedicada a José Moreira, director técnico de Africor durante 20 anos e que faleceu o ano pasado. No acto falaron o alcalde, Juan Blanco e o conselleiro de Medio Rural, José González.
Ao final da poxa anunciouse a tapa gañadora da I Ruta de Tapas da Semana Gandeira. As persoas participantes puxeron a mellor puntuación ao petisco do Bar Rial.
A xornada lúdica do sábado tamén estivo chea e o obradoiro de estampa de camisetas foi o máis concorrido, aínda que tamén encheron o touro mecánico e o trenzado de palla. Tamén os máis pequenos (e non tan pequeno) fixeron cola para a degustación de balde de Bico de Xeado. Coma sempre, a mañá do sábado estivo adicada á formación, con xornadas nas que ensinaron aos gandeiros como aproveitar o xurro e a enerxía fotovoltaica.
Nota de prensa do concello de Mazaricos