8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Liberan a unha persoa despois dun accidente en Camelle

Información-AXEGA 112.

Unha persoa liberada do interior do seu vehículo tras saírse da vía e chocar contra unha casa en Camariñas.Unha saída de vía no concello coruñés de Camariñas, obrigou a intervir aos Bombeiros de Cee, que tiveron que liberar á persoa tras quedar atrapada no interior do turismo.

O accidente tivo lugar ás 11:15 horas. Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia. Solicitaba axuda para socorrer aos ocupantes dun turismo que chocara contra unha casa no lugar de Camelle.

Desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios que, debido á gravidade da situación, optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra moi preto do lugar dos feitos. Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez liberada, os Bombeiros confirmaron que a persoa ferida fora trasladada polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos