3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

David Barbeira presentou na Deputación o anteproxecto da “Senda do Xallas”

O alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, presentoulle ao Vicepresidente da Deputación coruñesa, Xosé Regueira, o anteproxecto da iniciativa turística e medioambiental “Senda do Xallas”.
 
A proposta pretende acondicionar e facer transitables as beiras do río Xallas nun traxecto de máis de 64 kilómetros, cun “sendeiro visitable, con paneis informativos e interpretativos”.
 

O alcalde destaca a “predisposición” de Xosé Regueira

 
Barbeira destacou a «predisposición inmensamente positiva do ente provincial a un proxecto supramunicipal destas características».O rexedor xalleiro acudiu acompañado polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.
 
Desde o concello de Santa Comba aseguran que ante a “positiva predisposición” da Deputación agárdase “sumar máis concellos para abarcar a totalidade do histórico río e facer un proxecto supramunicipal que a medio prazo vertebre varias comarcas do territorio da provincia da Coruña, con finalidades turísticas e medioambientais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos