10.2 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

Fabiola García visitou a casa niño Areíña de Cores de Dumbría

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a casa niño “Areíña de Cores” de Dumbría. Estivo acompañada pola directora xeral de Familia, Amparo González, e polos concelleiros Iván Pequeño e Raúl González.

Durante a súa visita asegurou que a Xunta de Galicia seguirá a impulsar as casas niño ao facilitar aos concellos que non teñen ningún recurso de conciliación a opción de dispoñer dunha delas.O vindeiro ano o goberno galego fará unha convocatoria extraordinaria de axudas para estender este servizo ao 100% dos municipios.

Novas casas niño

Segundo explicou Fabiola García os orzamentos de 2020 inclúen unha partida de 620.000 euros que permitirá abrir casas niño en localidades que non teñen nin escola infantil nin punto de atención á infancia. 

Ademais, incrementarase ata os 22.000 euros por exercicio (un 12% máis que na actualidade) a remuneración que perciben as persoas responsables das casas niño que xa levan tres anos funcionando.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos